lunes, 13 de noviembre de 2017

Reunión Club de Lectura de 3º de ESO

A semana pasada reuniiuse o club de Lectura de 3º de ESO. Entre outras cousas sacaron a foto de grupo e falaron da obra que están a ler: Mentira de Care Santos.


domingo, 28 de mayo de 2017

Gala de entrega dos Premios DADO 2017

O pasado martes 23 a rapazada dos nosos clubs de lectura asistiu a  unha gala no Ágora organizada polo grupo DADO para festexar as Letras Galegas e facer entrega duns premios aos mellores microrrelatos de entre os seis centros participantes (IES Monelos, Agra do Orzán, Elviña, Zalaeta, Rafael Dieste e nós, claro está) Desgraciadamente non acadamos ningún dos galardóns pero as nosas rapazas participantes dos Rebuldeiros de 1º de ESO fixérono moi ben e pasaron un bo rato. Outra vez será.
Parabéns tanto aos premiados como aos organizadores: profesores e alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) e persoal da biblioteca Municipal do Ágora.

Aquí vos deixamos un pequeno reconto gráfico do evento.


Premios DADO 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ea aquí tendes a actuación das rapazas de 1º de ESO

lunes, 24 de abril de 2017

Concurso de Microrelatos. "GRUPO DADO" 2017




CONCURSO DE MICRORRELATOS 2017
1.- REQUISITOS DO TEXTO

            Os textos terán que ser escritos en galego e terán unha extensión máxima de 150 palabras, sen incluír o título.
            Serán orixinais, inéditos en calquera medio e/ou soporte (incluido online) e non terán sido premiados en ningún certame con anterioridade. Os participantes responden ante os seu centro e ante as Bibliotecas Municipais da Coruña da autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a total responsabilidade ante terceiros.

            En canto a temática, será valorado moi positivamente que estea relacionada cun dos libros lidos o presente curso nalgúns dos clubs de lectura dos 6 institutos que integran o Grupo Dado; pero non é obrigatorio.

2.- ENVÍO DOS ESCRITOS

            Os microrrelatos orixinais deberán ser remitidos por correo electrónico ao encargado/a da biblioteca de cada IES que participa neste proxecto   No asunto deberá figurar “Certame Microrrelatos-GRUPO DADO”.

3. PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación dos textos comeza o 15 de marzo e remata o 15 de abril.

Coñecidos os microrrelatos gañadores por centro, abrirase unha nova convocatoria a concurso que será a da súa presentación orixinal e creativa no Ágora o Día das Letras Galegas. Para apuntarse a esta categoría tamén haberá que dirixirse ao responsable de cada biblioteca de centro nun prazo extraordinario que terá lugar entre o 20 de abril e o 5 de maio

4.- RESOLUCIÓN DO XURADO

            Estará composto por persoas designadas polas Bibliotecas Municipais da Coruña. Os autores seleccionados serán notificados vía telefónica para estar presentes no acto de entrega do premio que se realizará no Centro Ágora con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

5- PREMIOS

CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO


            1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

            2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

            CATEGORÍA B: 3º e 4º ESO; 1º e 2º de BAC

            1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

            2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

CATEGORÍA C: Pola orixinal presentación no Ágora dos Microrrelatos escollidos por cada centro con este fin

1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario


lunes, 2 de enero de 2017

Matilda


Un ano máis botamos a andar o Club de lectura de 1º ESO no Monte das Moas e xa vedes que riseiros coas falcatruadas de Matilda!.
Estamos a preparar algunhas actividades para os compañeiros, contamos coa vosa participación nos xogos propostos.
Ata a próxima entrega colegas! 





lunes, 27 de junio de 2016

Huye rápido, vete lejos

Presentación sobre a novela de Fred Vargas que leron o alumnado de 1º de BAC no club de lectura.

Dr. Jeckyll e Mr. Hyde

Presentación elaborada polo club de lectura de 1º de BAC   sobre as adaptacións cinematográficas que hai sobre esta obra:

Poe: Os crimes da rúa Morgue

Magnífica presenteción elaborada polo club de lectura de 1º de BAC trala lectura deste apaixoante libro.

jueves, 16 de junio de 2016

Obradoiro de comics

Despois da festa de despedidados clubs de lectura, os Lectores Rebuldeiros de 1º e 2º de ESO quedaron na sala de ordenadores para elaborar uns pequenos cómics cun programa informático. Pasárono xenial e o resultado podédelo ver nesta pequena reportaxe:

Live-published photos and videos via Shootitlive

lunes, 30 de mayo de 2016

Festa de despedida dos clubs.

Hoxe 30 de maio fixemos unha divertida despedida dos clubs de lectura no instituto cunha "panzada" de pizzas.
 E para rematar coas actividades o grupo de 1º ciclo da ESO, reuniuse na sala de informática para elaborar tiras de banda deseñada cun programa informático que dou moito xogo. Pero eso... é outra historia..
Deixámosvos aquí a reportaxe fotográfica da comida.

Festa de despedida dos Lectores Rebuldeiros do IES Monte das Moas on PhotoPeach

jueves, 19 de mayo de 2016

Día das Letras no Ágora

O pasado xoves 12 compartimos unha fermosa xornada no Centro Ágora co resto dos integrantes dos clubs de lectura que conformamos o grupo DADO.
O evento consistiu en pasar por un  "PhotoCall" con lendas en galego tras o cal asistimos a un magnífico concerto a mans de "Xardín Desordenado" no que nos ofreceron versións musicadas de poemas de Manuel María. Seguidamente, alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal conduciron unha orixinal gala na que se intercalou unha homenaxe ao poeta chairego con a entrega dos I Premios DADO de videoanimación lectora.

Aquí tendes a vídeoreportaxe.

lunes, 2 de mayo de 2016

O corazón de Xúpiter



Por que este título? Quen é Xúpiter?  E o seu corazón?
Gustoume esta novela porque trata problemas actuáis de adolescencia, unha época complicada para a rapazada. E porque non todo é como parece.
Por unha parte temos a CARBALLO que semella duro, cruel e sen sentimentos, pero só é unha fachada tras a que se oculta un rapaz tolamente namorado de…    e por iso tómaa con ISLA, moza nova no insti, que está intentando adaptarse, e… como os problemas se van encadeando, acaba falando por internet con outro mozo a quen lle conta toda a súa vida. O descoñecido acaba sabéndoo todo dela, SÓAVOS?
O LIBRO TRATA TEMAS QUE ENGANCHAN DENDE O PRINCIPIO: ACOSO ESCOLAR, CIBER ACOSO, AMORIOS, AMIZADE, CONFIANZA … mais o final ensínache unha lección moi real.
Pois iso,…  a lelo.
Lucía López, 3º ESO, 2016

miércoles, 24 de febrero de 2016

Visita de Andrea Maceiras. O vídeo



Presentamos aquí unha pequena recompilación de fotos e anacos da interesantísima charla que a escritora Andrea Maceiras ofreceu no noso centro e á que nos acompañaron alumnado do IES Monelos e do IES Rafael Dieste o pasado martes 16.

miércoles, 17 de febrero de 2016

Premios "DADO" de videoanimación lectora.



Premios dAdO 
 DE Videoanimación Lectora
BASES:

OBXECTIVO: Concurso de Animación á lectura a través da creación de vídeos feitos co móbil

FORMATOS:

1ª CATEGORÍA: Vídeo individual sen ningún tipo de edición. Poderán participar unicamente os alumnos participantes nos clubs de lectura dos centros do Grupo Dado. O libro comentado non ten necesariamente que ser un dos lidos nos clubs. Duración: 2 ou 3 minutos. PREMIOS:   1º premio: 50 euros nun vale por libros; 2º premio: 30 euros nun vale por libros; 3º premio: 20 euros nun vale por libros.

2ª CATEGORÍA: Vídeo grupal ao redor dun libro traballado nos clubs (mínimo 3 partipantes) feito sen nengún tipo de edición. Os equipos deberán estar constituidos por rapaces que actualmente participan nun club de lectura do Grupo Dado e centrarse nun libro que se leu ou se está a ler. Duración: 4 minutos máximo.  PREMIOS:  1º premio: 10 entradas de cine para calquera día do presente ano; 2º premio: 6 entradas de cine; 3º premio: 4 entradas de cine

3ª CATEGORÍA: Vídeo individual editado. Coas mesmas características que na primeira categoría pero incluíndo a edición, os alumnos participantes poderán non pertencer aos clubs de lectura. Duración: 2 ou 3 minutos.  PREMIOS:  1º premio: 30 euros nun vale por libros; 2º premio: 20 euros nun vale por libros.


CARACTERÍSTICAS QUE SE VALORARÁN:

Conseguir persuadir os espectadores para que lean o libro que se presenta, ser orixinais no tratamento da información, mostrar un discurso organizado, adecuar o rexistro lingüístico á situación, utilizar correctamente a voz e usar creativamente a linguaxe non verbal. A lingua utilizada deberá ser o galego.

DATA DE ENTREGA: 18 de marzo enviando o vídeo a través de correo gmail a premiosdado@gmail.com Os nominados serán convocados a unha Gala no Ágora, na Semana das Letras Galegas, onde se farán as proxeccións dos mellores vídeos e a entrega de premios. Nas mensaxes que se manden cos vídeos ten que figurar o nome do alumno, centro e categoría pola que se participa.
Máis información na túa biblioteca escolar ou en http://lecturacoru.blogspot.com.es/